Raquel Sánchez anuncia a creación dun Sistema Nacional de Movilidade Sostible


A ministra de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, Raquel Sánchez, adiantou que a futura Lei de Movilidade establecerá, dentro do ámbito urbano, unha xerarquía de medios de mobilidade, fomentará a mobilidade activa e as políticas inclusivas para persoas con diversidade funcional, incluirá a perspectiva de xénero e de non discriminación e un plan de impulso á bicicleta. Así mesmo, engadiu que a transformación da nosa economía e a transición ecolóxica que xa estamos a transitar xerará múltiples oportunidades en sectores como o da mobilidade, a distribución, a construción e rehabilitación de edificios ou o turismo e o lecer, sectores que máis relación gardan coas nosas cidades.