Rastrexadores do exército ultiman a súa formación para empezar a actuar


O seu papel é localizar os contactos estreitos das persoas que dean positivo nas probas para detectar o virus. A maioría son persoal sanitario con experiencia en pandemia e comezarán a traballar este luns. Falarán por teléfono con contactos estreitos de positivos. E deben convencelos da importancia que ten que se confinen para cortar a cadea de contaxios. Coordinados coa Xunta, apoiarán o traballo do Sergas. En total, en Galicia operarán por quendas 205 militares. O delegado do Goberno avanzou que se é preciso, poden ampliar o operativo. Repartiranse en tres bases: na Brilat, na Escola Naval Militar de Marín e no Arsenal de Ferrol.