Rastrexan en Vigo contactos da persoa que chegou con virus en autobús desde Madrid

1 minutes read

Esta persoa, de 44 anos, viña de pasar 15 días en Madrid e chegou a Vigo cunha pneumonía en fase avanzada, unha enfermidade da que puido presentar síntomas antes de iniciar a viaxe. O paciente entrou directamente polo servizo de urxencias do hospital de Vigo, onde permanece ingresado na UCI, estable dentro da gravidade.

Para tratar de frear a transmisión do virus, o Sergas xa se puxo en contacto con todas as persoas que ían nese autobús. Tras realizar o cuestionario epidemiolóxico, as autoridades sanitarias puxeron en corentena a trece dos pasaxeiros. O Sergas ponse en contacto diario con todos eles para facerlles un seguimento e, especialmente, comprobar se desenvolven algún síntoma. En caso de ser así, faríaselles inmediatamente a proba PCR para determinar se están contaxiados.