Razo acollerá este domingo o Torneo Foliada de Volei Praia


O Concello de Carballo acolleu este xoves a presentación desta cita deportiva, os representantes da Asociación Deportiva e Cultural Voleipraia Costa da Morte estiveron acompañados polo concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, e polo alcalde, Evencio Ferrero.

Este ano, como explicaron os representantes da entidade organizadora Rosalino Mariño e Cristian Rancaño na presentación do torneo, haberá moito nivel. Ademais de recibir a parellas de toda Galicia e do País Vasco, o Torneo Foliada contará coa participación da parella formada polo arxentino Fernando David Guiñazú e a croata Tea Andric, campioa de Islandia a pasada temporada. “É un privilexio contar con eles”, manifestou Rosalino Mariño.

Tras a avalancha de inscricións, con 22 parellas en sénior masculino e 20 en sénior mixto, a Asociación Deportiva e Cultural Voleipraia Costa da Morte viuse obrigada a pechar este mércores as inscricións nesas dúas categorías.