Razo | II Clinic de Salvamento e Socorrismo para deportistas federados/as e técnicos/as

Imaxe de arquivo dun flotador de salvamento_ PIXABAY

O programa centrarase no obxectivo de, por unha banda, acadar una boa formación teórica no surfski de salvamento e, pola outra, na aplicación práctica dos coñecementos adquiridos, quedando todo complementado, coma xa sucedeu no primeiro Clinic, dende o punto de vista da fisioloxía deportiva e a recuperación terapéutica articular para a práctica de esta disciplina deportiva. Para iso contarase con David Orgeira, adestrador e técnico superior en Salvamento e Socorrismo, e con Javier Teijeiro, fisioterapeuta carballés, que xa acompañou na primeira edición.

O departamento técnico da federación de salvamento Fessga enviou circular ós clubes galegos para proceder á inscrición dos interesados na actividade a través do enderezo electrónico infovirsal@gmail.com. O último día para achegar o formulario excel cuberto, por libre, será o 18 ás 23:59 horas, momento en que se dará por pechada a solicitude de prazas.