Razo rendeuse ao reggaetón e ao son dance | Miles de mozos no Razo Summer Fest

  • Os locais de hostalería da zona estiveron cheos ata a bandeira ata ben entrada a madrugada deste domingo.

A praia de Razo, en Carballo, entregouse este sábado a un dos festivais chamados a consolidarse pola súa alta asistencia de público. A cita estaba servida desde facía unhas semanas, no cartel a maioría dos djs que moven a miles de persoas polas festas da zona, Juanma López, Iván Collazo, Dj Rokiño, David Bermúdez, Dani Varela ou Dj Son1c, foron os culpables de que a música se apoderase en corpo, mente e alma dos presentes, ao ritmo dos máis variados estilos musicais, especialmente o tan de moda reggaetón, entre a mocidade. A experiencia do Razo Summer Fest resultou todo un éxito, desde o seu inicio ás catro da tarde ata o final, preto de as seis da madrugada. Os altofalantes da disco móbil Impacto vibraron de principio a fin para transmitir todas as frecuencias da música aos oídos dos presentes, que esperan que o evento se consolide no tempo crecendo edición tras edición, que para este 2023 non estivo nada mal.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha