Reaberta a cárnica de Vimianzo que pechara pola Covid-19

A empresa retomou a súa actividade despois dun novo proceso de limpeza e desinfección integral. A compañía pechou o 6 de agosto ao detectar un caso de Covid entre os empregados. Grazas a esta rápida intervención, só houbo 7 contaxiados. Ademais de seguir coas medidas anticovid habituais, agora a empresa implantou un novo protocolo de seguridade. Dividirá os grupos de traballo nun máximo de catro persoas. Estes equipos entran, saen e descansan á mesma hora. O persoal de vendas e distribución comezará a traballar este venres.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha