Reaberto o acceso á autovía na zona da Revolta en Carballo

Desde este martes operarios da empresa concesionaria comezaron a repoñer a sinalización habitual e abriron o acceso á autoestrada AG-55 e á autovía da Costa da Morte dende o quilómetro 35 da AC-552 ubicado na zona da Revolta en Carballo. Este acceso de entrada e saída levaba pechado seis meses, coa finalidade de acometer as obras proxectadas por Augas de Galicia para evitar un efecto tapón no cauce do río e polo tanto as inundacións e o desbordamento do Anllóns. A apertura era tamén unha demanda urxente dos comerciantes da zona e de Coristanco, quenes afirmaron recentemente nunha concentración perdas de ata o 20% nos seus negocios polo peche deste trazado.

Related posts

O Concello de Camariñas reforza a prevención de incendios coa contratación de cinco traballadores

O goberno local da Laracha reafirma o seu rexeitamento á planta de biogás de Soandres

O IES Eduardo Pondal de Ponteceso acolle unha acción formativa para desempregados en mantemento de carrozarías de vehículos