O cuartel da Garda Civil de Santa Comba, cunha decena de traballadores, pechouse ao público este venres despois de detectarse casos positivos por coronavirus, en concreto un garda e un cabo, que segundo fontes próximas evolucionan favorablemente de momento. Os demais axentes, un sarxento e tres gardas deron negativo, e outro continua coas probas medicas. O cuartel quedou en servizo novamente este sábado.
Reaberto o cuartel da Garda Civil de Santa Comba
Cedida.