54
O regreso dos tratantes e do gando a Silleda foi mais ben escaso, con pouco máis de 400 animais na poxa, case todos para recría.
Fixeron as súas apostas nas tiras de sempre, pero con máscara e mantendo as distancias de seguridade.
A poxa celebrouse sen público para evitar aglomeracións. Os vendedores puideron seguila desde o teléfono, mediante unha nova aplicación.
O que non cambia é o refrán. «Cada un conta a feira como lle foi». E mentres algúns falaban de que compraron caro, outros marchaban cun sorriso a tomar o primeiro polbo da tempada.