30
A Torre de Hércules acaba de reabrir as súas portas tras confirmarse que todos os traballadores que prestan servizo no faro romano e que estaban pendentes de realizar a proba PCR resultaron negativo.
Así o informa Turismo da Coruña, que tamén precisa que volverán abrir as súas portas as oficinas de atención ao turista «tras saber que os traballadores non están contaxiados pola covid-19».
Tanto a Torre de Hércules como as oficinas reabren seguindo as exhaustivas medidas sanitarias que había ata o de agora para facer destas instalacións «un lugar seguro tanto para traballadores como para visitantes».