Reabre a Torre de Hércules tras dar negativo en Covid os traballadores


A Torre de Hércules acaba de reabrir as súas portas tras confirmarse que todos os traballadores que prestan servizo no faro romano e que estaban pendentes de realizar a proba PCR resultaron negativo.

Así o informa Turismo da Coruña, que tamén precisa que volverán abrir as súas portas as oficinas de atención ao turista “tras saber que os traballadores non están contaxiados pola covid-19”.

Tanto a Torre de Hércules como as oficinas reabren seguindo as exhaustivas medidas sanitarias que había ata o de agora para facer destas instalacións “un lugar seguro tanto para traballadores como para visitantes”.