Reabre ao tráfico na Coruña a travesía de Fernández-Latorre

1 minutes read

A travesía volve estar aberta ao tráfico, unha vez completada a renovación do firme da vía, que obrigou a pechala á circulación durante a última semana. Tratábase da última gran actuación dos traballos de renovación desta vía, que contaron cun investimento municipal e 761.000 euros, cofinanciados con fondos Next Generation. A superficie total da actuación foi de 5.500 metros cadrados e comprendeu o trazado dun carril bici unidireccional de 466 metros, aberto tamén desde esta fin de semana aos usuarios. Con estes traballos conéctase esta rede ciclable coa existente nas rúas Puga y Parga e Mariscal Pardo de Cela ou as de Ramón y Cajal e Pérez Arda. O proxecto supuxo unha reurbanización total da rúa, gañando espazo para os peóns e ciclistas, quedando cun carril de circulación en cada sentido. O espazo gañado utilizouse para a creación da vía ciclable, e para a ampliación das beirarrúas, que pasan a ser totalmente accesibles. Por outra banda, colocáronse novas árbores ao longo da vía e instalouse mobiliario urbano accesible en toda a contorna.