Reabre o cámping de Muros afectado por covid-19

0 minutes read

O camping San Francisco de Muros está de novo aberto ao público. Todas as persoas que traballan ou veranean nel deron negativo en coronavirus. O gromo que se detectou no lugar hai uns días sáldase ata o momento con 7 positivos, pero todos están illados nas súas casas. Este volve ser un lugar seguro. Rosa Figueroa, xerente do cámping afirma que «despois de pasar uns días duros, temos unha boa noticia que é que todas as PCR’s, 69, deron negativas» Máis que preocupados estamos atentos a un posible novo contaxio».