Reabre o Ecomuseo Forno do Forte de Buño

Ecomuseo Forno do Forte en Buño

  • As medidas de aforo estarán limitadas polo momento a 25 persoas

O Ecomuseo Forno do Forte en Buño, Malpica, abrirá de novo as súas portas a partir deste sábado 30 de maio, aínda que o aforo estará limitado polo momento a 25 persoas debido á crise sanitaria da COVID-19.

Desde o Concello recoméndalle aos usuarios que acudan con máscara sanitaria ás instalacións, onde ademais se lles facilitará xel hidroalcólico.

Desde o goberno local apuntan a esta acción como ‘un dos puntos dentro deste desescalamento. Temos que comezar gradualmente a reintegrarnos na vida que tiñamos con anterioridade, pero sempre con prudencia”, aseguran desde o Consistorio malpicán.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha