36
Italia e o Vaticano reabren as súas igrexas. Desde este luns volven celebrarse tanto na basílica de San Pedro como en todo o país transalpino misas con presenza de fieis, sempre baixo estritas medidas de prevención para evitar posibles contaxios. Será obrigatorio o distanciamento entre os asistentes e tamén o uso de máscara. En San Pedro do Vaticano o papa Francisco celebraba unha eucaristía á que asistiron unha trintena de persoas e na que se conmemoraban os 100 anos do nacemento de Xoán Paulo II. A basílica permanecía pechada ao público desde o pasado 10 de marzo, 69 días en total.