Reaccións dispares á mensaxe do Rei en Noiteboa

1 minutes read

Cristina Narbona, presidenta do PSOE, viu «o firme compromiso do rei cos valores éticos que os cidadáns reclaman das institucións». 

Rafa Mayoral, voceiro de Podemos, botou en falla «unha pregunta que segue sen responder. É a institución monárquica unha ferramenta idónea para delinquir?».

Pablo Casado, presidente do PP,  pensa que «a súa mensaxe de esperanza, unidade, futuro, ilusión, é o que necesita a nación, unha España que debe continuar unida, forte, que non vai admitir as agresións dos que queren socavar unha historia de éxito». 

Carlos Carrizosa, de Ciudadanos, cre que «o rei pareceunos que estaba á altura das circunstancias».

O líder de VOX subliñaba á referencia do monarca a saír desta con esforzo, unión e solidariedade. Os nacionalistas cataláns e vascos botaron en falla referencias explícitas aos actos do rei emérito ou á carta dos militares retirados.

O BNG critica a falta dunha alusión directa á situación do rei Xoán Carlos. Néstor Rego, Deputado do BNG explica que  «pretender despachar cunha única frase, unha apelación xenérica á ética, os graves casos de corrupción de Xoán Carlos de Borbón, que implican a outros membros da familia, como o acual xefe de estado, só pode ser cualificado de ridículo».