Realizadas actuacións de conservación e limpeza no río Samo, en Oroso

1 minutes read

Augas de Galicia executa actuacións de limpeza e conservación no treito interurbano do río Samo, ao seu paso polo municipio de Oroso.

Os traballos que está a executar coinciden cun tramo deste río, no seu percorrido polo lugar de Arderís, na parroquia de Senra.

As tarefas céntranse na retirada de árbores mortas e madeira caída sobre a canle. Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial Galicia-centro e as súas zonas de acceso e protección.