Realizados varios sorteos para nomear aos membros das mesas electorais para o 18F

1 minutes read

A corporación municipal de Carballo celebrou este luns 22 de xaneiro un pleno extraordinario para elixir ás persoas que comporán as 41 mesas electorais nas eleccións autonómicas convocadas para o 18 de febreiro. O censo está integrado por 25.962 carballeses e carballesas.

Na Laracha tamén se celebrou un pleno extraordinario coa mesma finalidade, onde ademáis tomou posesión como concelleiro do grupo municipal do PSdeG-PSOE José Suárez García. Este xoves -25 de xaneiro- celebrarase a sesión ordinaria do Pleno correspondente ao mes de xaneiro.

Do sorteo aleatorio foron excluídas as persoas maiores de 65 anos e as que figuran como candidatas nas diferentes listas electorais. As persoas designadas recibirán as notificacións nos vindeiros días.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?