Operativo internacional contra o narcotráfico en Arousa

1 minutes read

Axentes da Garda Civil e da Policia Judiciaria de Portugal realizaron este martes un importante operativo antidroga, con varios detidos, e unha parte dos traballos de intervención desenvoltos na comarca do Salnés. A operación diríxea a Audiencia Nacional e foron desprazados á comarca axentes da UCO (Unidade Central Operativa) da Garda Civil de Madrid, con apoio da Usecic (Unidade de Seguridade Cidadá). Ata o momento apenas hai información oficial, pero apúntase xa polo menos a nove detidos, con operacións policiais en varias provincias.

O labor policial chamou especialmente a atención en Vilanova de Arousa, onde se desprazaron varias unidades, con apoio mesmo dun helicóptero. Os axentes centráronse en rexistros practicados na zona de San Miguel de Deiro. Con todo, outras fontes apuntan a que nas últimas horas tamén intervirían na veciña localidade de Vilagaría de Arousa. A operación, que tamén incluiu rexistros no país veciño, continúa aberta.