- O neno, de tres anos, puido regresar á súa casa 24 horas despois
Cirurxiáns torácicos do Hospital Quirónsalud da Coruña realizaron con éxito unha intervención pioneira a un neno de tres anos, que presentaba unha lesión tumoral no pulmón e que xa fora intervido na zona do tórax en dúas ocasións previas.
O doutor Diego González Rivas, cirurxián torácico do Hospital Quirónsalud A Coruña que liderou a intervención, realizada o pasado 4 de setembro, explica que a cirurxía consistiu en extirpar dunha forma minimamente invasiva, unha lesión tumoral de difícil acceso, ao estar localizada dentro do tórax, sen entrar por esta cavidade.
«Cunha única incisión duns dous centímetros, nunha zona por encima do diafragma, abordaxe subxifoideo, e mediante cirurxía videoasistida por toracoscopia chegamos a extirpala», engadiu o doutor, admitindo que se optou por esta técnica tras valorar o estado do paciente, que xa sufrira dúas intervencións moi recentes na zona por cirurxía aberta (toracotomía) que facían moi arriscado realizar outra cirurxía convencional.
Este tipo de operacións teñen menos riscos cando o paciente é adulto, xa que cando se trata de nenos o corpo e os órganos son máis pequenos, e resulta máis aparatoso intervir.
O Dr. González Rivas tamén apuntou que o resultado foi moi bo e o neno puido recibir o alta ás 24 horas, sen apenas dor, e regresou á súa casa para seguir o tratamento da súa enfermidade.