- Máis de 150 familias participan na actualidade neste programa de compostaxe doméstica
O Concello de Camariñas reafirma o seu compromiso pola mellora do medio ambiente neste 2022 reanudando o prazo de inscripción de Camariñas Composta, a campaña municipal para fomentar a realización de compost nos fogares. Na actualidade, máis de 150 familias integran unha iniciativa que ten por finalidade promover o coidado da contorna natural a través da redución das emisións de ozono e a diminución do emprego de fertilizantes nos cultivos.
As persoas que o desexen poderán participar inscribíndose previamente na web municipal. Unha vez que o fagan recibirán de balde un composteiro, unha guía práctica de compostaxe e poderán atopar apoio, información e intercambiar experiencias co grupo de compostadores que integran a rede de Camariñas.
Máis información na área de Desenvolvemento Local do Concello chamando ao 981 737 004 ou a través do correo medioambiente@camarinas.net.