Reanudados os voos á illa da Palma


O aeroporto da Palma segue practicable e Binter, anunciou que retoma a operatividade coa Palma despois de que este martes as aerolíneas se vísen obrigadas a suspender voos pola variabilidade da nube de cinzas. Durante esta ponte festiva, moitos turistas visitaron a illa para poder ver a erupción do volcán, polo que as autoridades manteñen regulados todos os accesos á zona. A sismicidade asociada á actividade volcánica continúa sendo baixa e desde a medianoite deste mércores rexistráronse na illa unha ducia de sismos, un deles de magnitude 3,3 a 11 quilómetros de profundidade. A superficie das coadas alcanza as 1.182 hectáreas, segundo a última actualización do Pevolca. Un total de 3.039 construcións víronse afectadas desde o inicio da actividade volcánica, o pasado 19 de setembro.