29
O lume reavivouse este luns entre os cascallos das naves calcinadas 24 horas despois de que se orixinase o incendio. O dono dunha das empresas afectadas, explicou que lles ardeu todo e quedaron sen nada. Pola súa banda o xefe de quenda de Bombeiros do Porriño, relatou que había varios focos nos que enriba hai chapa e cemento, o que complica as tarefas de extinción. Os responsables das dúas empresas situadas no baixo, algo menos afectadas, agardan a que os avisen para poder acceder a elas. As seis empresas, con máis de cen empregados, permacen sen actividade. Outros empresarios e administracións xa están a buscar novas localizacións para que poidan volver canto antes a traballar.