33
Á última hora da tarde deste martes rebentou a comporta central do encoro de Valencia do Sil, parroquia do concello ourensán de Vilamartín de Valdeorras. Non houbo que lamentar feridos e, polo momento, aparentemente parece que non hai danos nin risco de inundación porque a auga vai directa cara o encoro que hai río abaixo, o de San Martiño, no veciño concello da Rúa. O principal uso da presa de Valencia do Sil é a produción de enerxía hidroeléctrica e está xestionada pola empresa Iberdrola, que explicou que a situación estaba xa baixo control e normalizada. Polo momento, tal e como confirmaba o alcalde, Enrique Álvarez Barreiro, descoñécese que causou que a comporta central do encoro rebentase.