Rebentón de tubaxe na rúa Barcelona en Carballo con danos colaterais

1 minutes read

Un novo rebentón na traída de auga de Carballo (e xa van uns cantos) creou serios problemas a veciñanza tanto da propia rúa Barcelona como da paralela rúa da Saúde, onde a fuga anegou un garaxe no que había varios coches aparcados. Pendentes da avaliación dos danos, a veciñanza presentaba certa inquedanza polo ocurrido e piden axilidade no cambio da tubaxe vella ou en mal estado. Operarios municipais e Protección Civil colaboraron con motobombas no achique do garaxe afectado, mentras se reparaba contra reloxo a rotura na rúa Barcelona.

Achique dun dos garaxes da rúa da Saúde

Mangueiras de evacuación dun garaxe
Zona da rotura na rúa Barcelona.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?