- O penso e as latas recollidas teñen como destino final a protectora carballesa de animais ‘O Legado de Max’.
Este pasado sábado 3 de outubro celebrouse nas instalacións do ximnaxio carballés Corporal X-Pression a quinta edición dun maratón solidario de «spinning» de tres horas de duración a quendas con preto de cincuenta persoas inscritas. Como condición previa, os participantes tiñan que facer un donativo para cans ou gatos a modo de comida para estes animaliños. A alta participación deste ano permitía recadar, entre participantes e colaboradores, unha cantidade de 1.030 quilos de penso.
Esta actividade fana en colaboración coa entidade carballesa O Legado de Max, unha pequena asociación formada por persoas voluntarias comprometidas coa protección e benestar dos animais, iniciativa que naceu da necesidade e sensibilidade para axudalos cando se atopan en situación de abandono e risco. Eles serán os destinatarios da mercadoría recadada nesta iniciativa.
Sheila, Pablo e Maribel (na foto superior) foron os tres monitores encargados de facer que as sesións fosen o máis dinámicas e motivadoras posible, nunhas instalacións modernas e apropiadas para a ocasión ubicadas no propio ximnasio, localizado na confluencia das rúas carballesas Vila de Laxe coa Avenida de Bergantiños. Posteriormente celebraron o éxito desta iniciativa un ano máis cunha quedada-comida no Camping Baldayo.

Comida recadada na edición deste ano 2026._cx.
