Recae unha parella de Fisterra vacinada coa primeira dose de Pfizer

Hospital de Cee.

Un matrimonio da parroquia de Sardiñeiro, en Fisterra, foi vacinado con normalidade. Pasados varios días o home comezou a sentirse mal, fixéronlle unha PCR e dou positivo en covid, pasou oito días ingresado e o pasado xoves volveu á casa con normalidade. A súa muller segue internada no hospital Virxe da Xunqueira de Cee, pero a evolución é boa e pronto lle darán a alta. Estas dúas persoas xa recibiran a primeira dose da vacina de Pfizer e pensan que quizais puido axudar a minimizar os efectos do coronavirus, pero non evitou o seu contaxio.