Recepción do alcalde de Carballo ao club Sysca

1 minutes read

O Sysca vén de proclamarse campión galego xuvenil, júnior e absoluto. En recoñecemento aos logros do club, pero tamén dos seus deportistas a título individual, o alcalde, Evencio Ferrero, recibiu a unha ampla representación de futuros e futuras socorristas, directivos da entidade e familias no salón de plenos, acompañado do concelleiro de Deporte, Marcos Trigo. Ambos animaron aos nenos e nenas que se achegaron ata a Casa do Concello a seguir practicando deporte, porque «sodes o futuro do salvamento», e a seguir levando o nome de Carballo con tanto orgullo por toda Galicia. O presidente do Sysca, Ramón Ángel Rodríguez Añón, e outros representantes do club asinaron no Libro de Honra e o concelleiro de Deporte fixo entrega dun pequeno agasallo a cada un/ha dos/as deportistas.