Recepción en Vimianzo ao presidente da ABC Corcubión, de Bos Aires

A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, e a concelleira de Benestar Social, María José Pose, recibiron no Concello a Carlos Ameijeiras, presidente da Asociación Benéfica Cultural do Partido de Corcubión, ABC Corcubión, quen lle fixo entrega dos detalles do centenario celebrado o pasado mes de novembro.
Hai 100 anos desde a súa fundación, e a Lexislatura da Cidade Autónoma de Bós Aires homenaxeou o pasado 8 de novembro a esta entidade, co descubrimento dunha placa conmemorativa na sede da súa sede social da rúa Venezuela, na capital de Arxentina. 
Un centenar de persoas acudiron ó acto, que contou con personalidades como o cónsul xeral de España en Bós Aires, Fernando García Casas; o conselleiro de Traballo, Migracións e Seguridade Social da Embaixada de España en Arxentina, Pedro Zarco Colón; a presidenta do Consello de Residentes Españois de Bós Aires, Susana Carbia Espiño e máis autoridades de centros da colectividade galega e española en xeral. 
A alcaldesa, Mónica Rodríguez, agradeceu a Ameijeiras «que sempre se lembre a Vimianzo tanto nas súas aparicións públicas como nas súas accións non gubernamentais. O noso é un pobo tamén emigrante e temos unha parte do noso corazón en Arxentina». 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha