Recepción na casa consistorial de Ponteceso dos gañadores do I Premio Otero Pedrayo

1 minutes read
  • Once alumnos do IES Eduardo Pondal conseguiron o galardón destinado a estudantes tanto a nivel individual como colectivo

Alumnado do IES Eduardo Pondal de Ponteceso logrou o I Premio Otero Pedrayo a estudantes, un certame convocado pola propia fundación do escritor galego. Hadrián Félix Neira fíxose co galardón individual pero tamén foi partícipe do colectivo xunto aos seus compañeiros Andrea, André, Lucía, Aroa, Clara, Yaiza, Pablo, Ismael, Jorge e Roi.

Este mércores o alcalde de Ponteceso, Xosé Lois García, e a concelleira de Educación, Maite Chouciño, recibiron aos gañadores na casa consistorial para recoñecerlles o seu traballo e premialos cuns obsequios. A entrega do I Premio Otero Pedrayo celebrouse na sede da fundación no Pazo-Museo de Trasalba, en Amoeiro (Ourense).