Recepción na Laracha aos deportistas do Club SAL máis destacables no Campionato de España

Cedida

  • Este evento celebrouse recentemente en Laxe

O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, recibiu este venres na casa consistorial aos deportistas máis destacados do Club de Salvamento Acuático Laracha (SAL) nos campionatos de España de verán en categoría cadete, celebrado recentemente en Laxe.

O rexedor felicitounos polos éxitos representando tanto ao club como ao Concello e, máis aló dos resultados, tamén valorou o esforzo dos deportistas e o papel da entidade para a promoción desta disciplina no termo municipal.

Os resultados máis destacados foron os seguintes:
• Club SAL: 3º clasificado na suma de puntos do Campionato de España.
• Club SAL: 3º clasificado na proba rescate con táboa e salvamento coa parella formada por Eloy Ferreiro e Anxo López.
• Anxo López: subcampión de España na proba de bandeiras.
• Eloy Ferreiro: 3º clasificado en bandeiras e campión da Copa de España nesa mesma proba.