Recepción oficial á tripulación do patrulleiro Tabarca en Camariñas

Concello de Camariñas

  • Este sábado a Virxe do Monte será homenaxeada polo Tabarca e varios barcos camariñáns
  • Este venres os tripulantes do patrulleiro da Armada ‘Tabarca’ tiveron unha recepción oficial no Museo de Encaixe de Camariñas aproveitando a súa estadía no porto durante esta fin de semana con motivo dos actos de baixada da Virxe do Monte. No acto participaron a alcaldesa de Camariñas, Sandra Ínsua; o capitán de Fragata e comandante naval da Coruña e Ferrol, D. José Manuel Faraldo Sordo; e o tenente de Navío e comandante do patrulleiro Tabarca, D. Eduardo María Delgado Franco. Os tripulantes da nave non puideron saír da mesma polo protocolo sanitario.

    A rexedora destacou a importante labor que fai diariamente o patrulleiro ao encargarse «da vixilancia marítima e pesqueira para protexer os nosos intereses», e lembrou que a súa participación durante a crise do Prestige dando apoio loxístico aos equipos de buzos desprazados.

    Este sábado haberá unha misa na Virxe do Monte, que ademais será homenaxeada polo Tabarca e todo aquel barco camariñán que desexe unirse. O domingo, no acto de baixada da Virxe, os mariñeiros non participarán pero si o farán, coa xente do pobo, o capitán e o tenente.