34
- Contará as súas experiencias no país africano, sobre todo coas persoas con lepra
Este venres o Concello de Vimianzo ofrecerá unha recepción a Estrella Arjomil, a vimiancesa que é misioneira en Mozambique e que narrará as súas experiencias no país africano, sobre todo con persoas que padecen a enfermidade da lepra.
O acto está programado para as 20:00 horas na entrada da Casa da Cultura. Participarán a alcaldesa, Mónica Rodríguez, e o párroco Don Daniel.