0
- Desde o goberno local aludiron ao «orgullo» de levar o nome de Vimianzo por toda a provincia
O Concello de Vimianzo celebrou este venres unha recepción oficial no salón de plenos ao equipo alevín de fútbol sala, que vén de proclamarse campión da Liga da Costa ademais de campión da provincia. O grupo está conformado por Brais Freire, Daniel Vieities, Gael Alonso, Pablo Martínez, Mateo Sar, Aladji Doudou, Xabier López, Xoel Esperante e Borja Pérez.
A alcaldesa, Mónica Rodríguez, e o concelleiro de Deportes, Mario Andújar, acompañaron aos deportistas e agradeceron o seu esforzo ademais de poñer de manifesto «o orgullo de levar o nome de Vimianzo por toda a provincia».