33
- O Figueiras participará o vindeiro ano na Terceira Nacional, e o Xeal en Primeira Autonómica
Este sábado, ás 14 horas, a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, recibirá ao plantel do Club Vimianzo Tenis de Mesa que recentemente acadou un doble ascenso de categoría: o Figueiras participará o vindeiro ano na Terceira Nacional, e o Xeal en Primeira Autonómica.
O acto será no Salón de Plenos e ao mesmo asistirán o concelleiro de Deportes, Mario Andújar; o presidente do Club, Francisco Paz, e os xogadores e xogadoras.