41
Despois do emotivo recibimento que lle ofreceron os seus compañeiros e compañeiras do Sysca Salvamento tras conseguir unha plata, un cuarto posto e catro quintos no Mundial Júnior de Salvamento e Socorrismo celebrado en Riccione (Italia), Gabriel Rodríguez Colferai foi recibido este venres polo alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Deporte, Marcos Trigo.
O medallista, de só 17 anos, estivo acompañado polos seus adestradores, e tamén polos seus orgullosos pai e avó. Ademais de entregarlle un carballo de Sargadelos e o bolígrafo co que asinou no Libro de Honra do Concello, Evencio Ferrero felicitouno polos éxitos acadados, desexoulle moitos máis e agradeceulle que sexa tan bo embaixador do concello carballés.