Recepción oficial en Carballo ás campioas da Copa da Costa

0 minutes read

As xogadoras de Bergantiños foron recibidas este xoves no salón de plenos do Concello de Carballo polo alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Deportes, Daniel Pérez. Ambos destacaron a importancia de fomentar o deporte feminino como un elemento básico para acadar a igualdade e animaron tamén ás xogadoras a perseguir os seus soños. O alcalde entregoulle á capitana un carballo de Sargadelos, e bromeou dicindo que «son coleccionables», e todo o equipo asinou no Libro de Honra do Concello, porque é unha honra que Carballo estea así de ben representado no fútbol feminino, concluíu.