31
O Concello de Carballo ofreceu este xoves unha recepción oficial ao equipo do Bergantiños Feminino, tras revalidar o título de campioas da Copa da Costa. Ao acto, celebrado no salón de plenos asistiron tamén as Promesas do club, o presidente da entidade, Luciano Calvo e o concelleiro de Deportes, Marcos Trigo, entre outros membros da corporación municipal e do equipo.