Recepción oficial en Ponteceso ao Club Deportivo Flechas por un Tubo

1 minutes read

A recepción tivo lugar no salón de plenos do Concello de Ponteceso ás deportistas Lucía Castro Fondo, Leonor Andrade Varela, Aroa Vigueret Martínez a Jimena Exremera Toja e ao Club Flechas por un Tubo polos seus éxitos deportivos.
Durante a recepción, o alcalde de Ponteceso, Xosé Lois García Carballido, destacou que «desde o Concello queremos recoñecer con esta pequena recepción, e darlle un detalliño polo campionato galego e desexarlle sorte no campionato de España. Van ir representando a Ponteceso e queremos desexarvos sorte, que sigades con eses éxitos».
Moitos parabéns a Leonor Andrade Varela que se proclamou campioa galega, a Lucía Castro Fondo pola súa medalla de bronce, a Aroa Vigueret Martínez (categoría alevín) polo seu terceiro posto, a Jimena Extremera Toja (categoría alevín) que acadou o sexto posto e ao Club Deportivo Flechas por un Tubo polo traballo, esforzo e agarimo co que loitan polos nosos deportistas, concluíu.