Recepción oficial no Concello de Carballo á futbolista Elena Vázquez

O alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, ofreceron este venres unha recepción oficial á futbolista Elena Vázquez Brandón, que vén de proclamarse subcampioa de Europa coa selección sub-17. Elena debutou no partido contra Estonia, disputado o 20 de maio na capital do país, Tallin, e marcou un dos seis goles que deron a vitoria á selección española.

Elena, que acudiu á recepción acompañada polos seus pais, asinou no Libro de Honra e foi agasallada cun carballo de Sargadelos, cunha placa na que, ademais do recoñecemento polo éxito acadado en Estonia, quixeron facer constar que dende o Concello de Carballo deséxanlle “un futuro cheo de éxitos”.

Con só 15 anos de idade e ficha do Orzán SD cadete da liga galega, Elena Vázquez acadou esta temporada unha praza de titular no Dépor Abanca B, subcampión de 1ª Nacional, e xa debutou nun amigable co Dépor Abanca da 1ª Federación Iberdrola.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha