Recepción oficial no Concello de Malpica aos cadetes do Cerqueda

0 minutes read

A concelleira de Deportes, Noelia Freijerio, felicitou aos cadetes polo seu recente logro ao alcanzar o éxito deportivo proclamándose campións da Copa da Costa Cadete . Ademais felicitou ao equipo técnico e aos familiares por todo o seu esforzo e dedicación e ao club por inculcar grandes valores ás categorías de base. Pola súa banda, o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, eloxiou o traballo do equipo e agradeceulles que leven o nome de Malpica e da parroquia de Cerqueda ó máis alto ademais de animalos a gañar a liga a próxima tempada.