Recibe un disparo en Ordes cando tentaba evitar que lle roubasen o coche

0 minutes read

A Garda Civil detivo un home por disparar contra outro na madrugada deste mércores en Ordes. A vítima, que tentaba evitar que o presunto agresor lle roubase o coche, quedou ferida no abdome. Está ingresada no Hospital Clínico de Santiago, pero a súa vida non corre perigo. O detido, pola súa banda, permanece nos calabozos da comandancia de Lonzas, na Coruña, á espera de pasar a disposición xudicial.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?