Recicl-Arte, a exposición colectiva de creadores vinculados a Carballo

16 artistas participan na exposición colectiva de creadores vinculados a Carballo, unha iniciativa da Concellería de Cultura, que este ano leva por título Recicl-Arte, e na que se inclúe obras de autores/as con traxectorias e modalidades moi diversas que van desde a pintura ata a fotografía pasando pola escultura, entre outras artes plásticas.

Ata o 31 de xullo, o 3º andar do pazo da Cultura acollerá algúns dos traballos de Antonio Taracido, Cristina Castro, Esther Chamoso, Isa Fernández, Isabel Soutullo, Josecho González, Laura Tova, Lola Oviedo, Manolo Eirín, María Marticorena, Milagros Cotelo, Mon Lendoiro, O`Mighelo, Peter Kramer, Raúl Herrera e Santi Picos. Un auténtico privilexio para os sentidos que non podedes deixar de visitar.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha