Reclamación á concesionaria de Nostián polo sobrecusto de xestión dos residuos rexeitados

2 minutes read

O Concello da Coruña continua dando pasos na reclamación á concesionaria da Planta de Residuos de Nostián, UTE Albada, da cantidade correspondente ao sobrecusto de xestión dos residuos desde 2011. A Xunta de Goberno Local aprobou fixar a contía da reclamación en 15.683.930,40 euros, incluindo a contía correspondente aos intereses de demora no pagamento.

De acordo coa sentenza emitida no pasado mandato polo Tribunal Superior de Xustiza na que se confirmaba que o custo de tratamento dos residuos rexeitados debía ser asumido pola concesionaria, o Goberno de Inés Rey iniciou o pasado mes de novembro o procedemento administrativo para a reclamación da contía, asumida polo Concello.

O Concello aboou un total de 15,7 millóns de euros ata o 2018, sendo 2,8 millóns de euros o importe que debería ter pagado por ese concepto. É dicir, o importe total da relamación á UTE Albada ascende a 12,9 millóns de euros, de acordo coa diferenza entre o importe pagado polo Concello e o que lle correspondería ter pagado segundo a sentenza do TSX.

O Goberno de Inés Rey da un paso máis no procedemento de reclamación, engadindo os 2,7 millóns correspondentes aos intereses de demora no pagamento chegando case aos 15,7 millóns de euros, contía abonada polo Concello dende 2011 ata o 2018. Ademais, esta mesma semana o concelleiro da área de Economía e Planificación Urbana, José Manuel Lage, trasladoulle ao Consorcio das Mariñas a proposta técnica e económica para a licitación da nova planta de Nostián, de acordo co obxectivo marcado pola alcaldesa, Inés Rey, para a posta en marcha do contrato no primeiro trimestre de 2024.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?