A portavoz de Interior e Xustiza do Grupo Socialista, Paloma Castro, presentou unha iniciativa parlamentaria para solicitarlle á Valedora do Pobo un informe que reflicta “a situación de posibles abusos a menores por parte da Igrexa católica en Galicia”. Castro lamenta a resposta do presidente da Xunta a estas denuncias, rexeitando a investigación a nivel nacional e relativizando o papel da Igrexa, e reclama a colaboración da Xunta na investigación. A responsable socialista solicita que a Valedora do Pobo tome cartas no asunto en canto “constitúe o alto comisionado do Parlamento de Galicia para a defensa dos dereitos e liberdades comprendidos no título I da Constitución e no Estatuto de Autonomía de Galicia”. Reclama que este informe sexa elaborado “en colaboración con todos os colectivos e persoas implicadas”, e dispoñendo ademais da “total colaboración co Defensor del Pueblo”. Castro sinala a necesidade de “contribuír á determinación dos feitos e responsabilidades, á reparación das vítimas e a planificación de políticas públicas orientadas á prevención destes abusos”.
34