Reclaman máis medios e efectivos policiais ante o aumento da criminalidade en Vigo

1 minutes read

A Federación de Asociacións Veciñais de Vigo Eduardo Chao (Favec) reclama máis medios e efectivos de Policía Nacional na cidade ante o aumento da criminalidade: violencia contra os comerciantes, estafas, continuas pelexas rueiras ou roubos, especialmente, a xente maior, situacións que xeran un ambiente de “inseguridade”.

“É imposible protexer aos veciños se non hai axentes suficientes”, lamenta a presidenta da Favec, María Pérez, que mostra a súa preocupación polo incremento de delitos na internet e anima aos cidadáns para participar na concentración convocada por JUPOL, o sindicato maioritario da Policía Nacional, este xoves ás 18.00 horas fronte á comisaría da rúa Álvaro Cunqueiro.

Asistirán a vicesecretaria da Confederación Estatal de Asociacións Veciñais (CEAV), María José Villamarín, así como representantes da Federación de Asociacións Veciñais de Vigo Eduardo Chao. A concentración tamén conta co apoio do presidente da Confederación Galega de Asociacións Veciñais (CoGaVe), Fernando Rois.

A presidenta da entidade veciñal e José Manuel Costas, directivo, reuníronse a semana pasada con dous representantes da organización policial para coñecer as súas demandas e preocupacións, apoiadas pola Federación de Asociacións Veciñais de Vigo Eduardo Chao. “Son reclamacións que compartimos os veciños de Vigo”, defende María Pérez.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?