- A Xunta de Persoal da área sanitaria da Coruña-Cee denunciou unha agresión no centro de saúde de Carballo. Segundo explicaron, un erro informático no sistema de devolución de chamadas provocou que un usuario acudise ao centro e acabase agredindo profesionais de servizos xerais situados na entrada da instalación.
A Unión Sindical Obreira (USO) manifesta a súa máis enérxica condena á nova agresión rexistrada nas instalacións do Centro Médico de Carballo, un feito que volve poñer de manifesto a falta de medidas de seguridade suficientes neste servizo público esencial.
«Desde USO vimos advertindo dende hai tempo da crecente inseguridade que sofren tanto profesionais sanitarios,membros dos equipos de seguridade, como pacientes e usuarios, e denunciamos que as medidas actuais son claramente insuficientes. Este novo episodio de violencia non fai máis que confirmar a necesidade urxente de reforzar a presenza de seguridade privada nas instalacións».
Cómpre lembrar que non é a primeira vez que o sindicato advirte desta situación. Xa no seu momento, a Federación de Traballadores de Seguridade Privada de USO (FTSP-USO) trasladou reiteradamente á Administración autonómica e ás direccións dos centros sanitarios a súa preocupación pola carencia de persoal de seguridade en hospitais e centros de saúde. A nosa organización leva anos reclamando un plan integral de seguridade sanitaria, con vixilancia estable, máis medios preventivos e a coordinación efectiva coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.
USO reclama ahora de novo:
- O incremento inmediato do número de vixiantes de seguridade no centro, de forma estable e permanente. Actualmente su presta servicio un vixiante as fins de semana en turno de noite.
- A posta en marcha dun protocolo efectivo de prevención e resposta fronte ás agresións, en coordinación co persoal de seguridade, o persoal sanitario e as forzas de seguridade.
- O cumprimento estrito da Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais, que recoñece o dereito dos traballadores a unha protección eficaz fronte aos riscos derivados da súa actividade.
Para USO, non se trata só dunha cuestión laboral, senón tamén dun problema de seguridade pública e de garantía dun servizo sanitario digno. Resulta inaceptable que profesionais que exercen unha labor fundamental estean expostos a riscos graves sen a protección necesaria.
Por elo esixen ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) e á Consellería de Sanidade que adopten medidas inmediatas para corrixir esta situación e garantan a integridade física e psicolóxica dos traballadores e usuarios do Centro Médico de Carballo.