Recollida de residuos urbanos especiais en Malpica

PÌXABAY

  • A empresa Collection Oil realizará rutas por diferentes rúas e lugares do municipio

O Concello de Malpica segue a fomentar boas prácticas co medio ambiente, e nesta ocasión desde o goberno local animan á veciñanza a que reciclen os residuos urbanos especiais a través dunha recollida que se fará porta a porta.

Apañaranse diferentes produtos como aceite de cociña usado (aquí entra o das conservas), graxas e manteigas, pilas e baterías (desde alcalinas ata as de vehículos a motor), bombillas, pequenos electrodomésticos e dispositivos electrónicos (radios, ordenadores ou teléfonos), consumibles de impresoras, roupa e restos metálicos do fogar (tixolas, potas, bandexas, etc).

Durante a próxima semana a empresa Collection Oil realizará diferentes rutas para a recollida destes residuos:

Luns: Aviño, Cambre, Pedrosa-A Tremoa e Rabuceiras.

Martes: A Raxeira, Brión, O Castro, Feira Nova, Vilar, O Empalme e A Camposa.

Mércores: O Piñeiro e diferentes rúas como Costa, Santa Catalina (vivendas con números pares), Forno Novo, Santa Filomena (vivendas con número pares) e Xaviña.

Xoves: rúa Nova e Santa Filomena (vivendas con números impares), Gaio, Praza Cruceiro, rúa Costa, rúa Boavista, Santa Catalina (vivendas con números impares), rúa Piñeiro, Buño, Aldeola, O Ceán, A Lagoa e Loroxo.

Venres: Pozacas-Leduzo, Taraio, Cerqueda e Pasacondia-Aldeola.

Os residuos deberán deixarse nun lugar accesible antes das 09:00 horas do propio día da recollida. Máis información no 639 920 936.