Segue a recollida de sinaturas para que se anule a prórroga da AP-9


A asociación En Colectivo que denunciou a prórroga da concesión da AP-9 ata o 2048 continúa coa recollida de sinaturas para conseguir que se anule. O seu presidente, Diego Maraña, confía en que o Goberno acate o ditame da comisión europea e que nun prazo de seis meses se poida usar de balde esta autoestrada pola que circulan cada día 25.000 condutores.

A campaña de recollida de sinaturas, a través da páxina web da asociación, estará activa ata o 23 de novembro. Ese día finaliza o prazo que lle deu a comisión europea ao Goberno español para que responda a carta que declara ilegal a ampliación da concesión a Audasa da AP-9 sen licitala.